San Roque, pazo de

San Roque, pazo de

Construción situada en Sárdoma (Vigo). Construído no s XVII, ten planta rectangular, próxima ao cadrado, con dúas alturas e remata con ameas. Na fachada destaca unha torre redonda pola que se accede, percorrendo un pasadizo disposto sobre un arco, á capela de San Roque, de planta rectangular. É o lugar de celebración dunha romaría na honra de san Roque, patrón da cidade, o 16 de agosto.