San Xiao do Camiño
San Xiao do Camiño
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Construída a finais do s XII, conserva da primitiva fábrica románica a cabeceira. A ábsida, de forma semicircular e cun tramo recto, cóbrese cunha bóveda de canón e de forno. O arco triunfal descansa sobre dous pares de columnas rematadas con capiteis de decoración vexetal.