Sánchez Cantón, Francisco Javier

Sánchez Cantón, Francisco Javier

Historiador da arte. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, onde foi catedrático. Colaborador do Centro de Estudios Históricos, foi subdirector (1922) e director (1960-1968) do Museo del Prado, director da Real Academia de la Historia (1956-1971) e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1966) e académico da Real Academia Española desde 1949. Dirixiu o Instituto Diego Velázquez do CSIC e foi inspector xeral de museos (1963) e vicepresidente do Consello de Educación. Patrón fundador do Museo de Pontevedra (1927), solicitou ao CSIC a creación do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (1943) que dirixiu ata a súa morte. Promoveu publicacións en galego e realizou estudos históricos, artísticos e de diversa temática. Colaborador en diversas publicacións, da súa produción destacan Fuentes literarias para la historia del arte español (1923-1941), La loza de Sargadelos: apuntes histórico-artísticos (1945), El Museo de Pontevedra (1950), Ideas de los PP. Feijoo y Sarmiento sobre la organización de los estudios (1961), Velázquez y lo clásico (1961), Guía completa del Museo del Prado (1963), Galicia en Lope de Vega (1969) e Pontevedra y los pontevedreses: inéditos y dispersos (1973). Recibiu, entre outros galardóns, a primeira medalla de ouro de Pontevedra (1950), o título de académico honorario da Real Academia Galega, a gran cruz de Alfonso X el Sabio e o título de doutor honoris causa pola Universidad de Lund.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra

  • Deceso