Sánchez Ferlosio, Rafael

Sánchez Ferlosio, Rafael

Escritor, fillo de Rafael Sánchez Mazas. Autor da narración poética Industrias y andanzas de Alfanhuí (1951), deuse a coñecer coa novela El Jarama (1956, Premio Nadal 1955), unha das obras clave da narrativa de posguerra. Posteriormente, a súa obra evolucionou cara ao experimentalismo lingüístico con Las semanas del jardín. Semana primera: Liber scriptus proferetur (1974) e Las semanas del jardín. Semana segunda: Splendet dum frangitur (1974). Publicou os relatos El huésped de las nieves (1982) e El escudo de Jotam (1983), e afondou no ensaio e o artigo periodístico en Mientras los dioses no cambien, nada ha cambiado (1986), os dous volumes de Ensayos y artículos (1992) e Vendrán más años malos y nos harán más ciegos (1993, Premi Ciutat de Barcelona e Premio Nacional de Ensaio). En 1986 publicou a novela El testimonio de Yardoz e posteriormente o ensaio El alma y la vergüenza (2000) e a recompilación de relatos El geco (2005). Recibiu o Premio Cervantes (2004).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Roma