Sánchez Pereiro, Lois
Poeta, irmán de Xosé Sánchez Pereiro. Coñecido como Lois Pereiro, formouse no ambiente universitario de Madrid e participou, con Antón Patiño, Xosé M. Pereiro e Manuel Rivas, na creación da revista Loia, onde escribiu diversos poemas que posteriormente foron recollidos en Poemas para unha loia (1996). Formou parte do grupo de poetas da década de 1980 que publicaron o libro colectivo De amor e desamor (1984). Na revista Luzes de Galiza viron a luz os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso. Da súa obra, con temas recorrentes como a morte, o desamor, o odio ou o caos, destaca Poemas 1981/1991 (1992), con composicións caracterizadas pola súa estética próxima ao expresionismo alemán con trazos de existencialismo. Tamén salientan Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995) (1995).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Monforte de Lemos -
Deceso
Lugar : A Coruña