Sancho/Sancha

Sancho/Sancha
[ONOM]

Antropónimo que provén do latín sanctius, forma comparativa ou xentilicia de sanctus ‘máis santo’ ou ‘pertencente ou relativo a sanctus’. Nome moi frecuente na Idade Media, deu lugar ao apelido Sánchez.