sanción
(< lat sanctĭōne)
-
-
s
f
Autorización ou aprobación que se dá a un acto, un uso ou un costume.
-
s
f
[DER/ADM]
Acto polo cal a autoridade competente, como o soberano dun país ou o presidente dunha república, ratifica e fai válida unha disposición legal. En España, omítese este requisito formal nas leis autonómicas.
-
sanción parlamentaria /
[DER/ADM]
Acto polo cal o parlamento confirma unha decisión tomada polo goberno.
-
s
f
-
-
s
f
Castigo que provén dunha acción mal feita.
-
s
f
[DER/SOCIOL]
Pena que a lei impón a quen a infrinxe ou medio polo que se obriga ao cumprimento do ordenamento xurídico. Adoita consistir na privación da liberdade ou na imposición do pago dunha determinada cantidade, aínda que nalgúns supostos tamén pode implicar a perda dun ben ou dun dereito.
-
s
f
[DER]
Cada unha das medidas políticas, económicas e militares que algúns organismos internacionais ou ben algúns grupos de estados impoñen a un estado porque o consideran agresor contra outro estado ou violador dos dereitos humanos.
-
sanción económica
[DER]
Sanción que implica o pago dunha determinada cantidade de diñeiro, en concepto de desagravio, aos afectados ou como escarmento, a través da administración, como consecuencia do incumprimento das condicións esixibles a determinados produtos ou servizos.
-
sanción económica
[ECON]
Cada unha das medidas de política económica, efectuadas por un ou varios estados, contra outro, para forzalo a modificar unha política que afecta as relacións internacionais ou os dereitos humanos.
-
sanción social
[SOCIOL]
Ameaza de castigo ou promesa de recompensa establecida por un grupo social con vista ao cumprimento das normas. Os medios poder ir desde a desaprobación ata a marxinación e a excomuñón.
-
sanción tributaria
[DER]
Castigo imposto polas leis fiscais a quen cometeu unha infracción tributaria.
-
s
f