Sancho Panza

Sancho Panza
[LIT]

Personaxe da novela de Miguel de Cervantes El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha. Escudeiro e compañeiro inseparable do cabaleiro, seguirao fielmente ao longo de toda a obra. Cómpre falar da complementariedade de ambos os dous personaxes, onde un, elegante e refinado, representa o idealista, e o outro, Sancho Panza, un campesino en aparencia rudo e vulgar, asume o papel de personaxe realista, que en numerosas ocasións tenta facer entrar en razón a Don Quixote.