Sancho Sanchez, clérigo
Trobador probablemente galego. Desenvolveu a súa actividade poética entre finais do s XIII e principios do XIV. Consérvanse seis cantigas da súa autoría, cinco de amigo e unha de amor. As súas obras aparecen no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Vaticana, situadas ao final dunha serie de trobadores-clérigos, no medio da sección das cantigas de amigo. Nas súas composicións obsérvase certo convencionalismo temático e formal. A súa cantiga de amor “Muyt’ atendi eu ben da mha senhor” é unha cantiga de refrán que respecta os códigos da cantiga de amor. As cinco cantigas de amigo caracterízanse pola presenza de refrán, e delas destacan “Amiga, do meu amigo” en que salienta o motivo da chanson de change e a cantiga de romaría “En outro dia, en San Salvador”.
Cronología
-
Deceso
Lugar : XIV