sancristán -tá

sancristán -tá

(< lat tardíosacristānu)

s [RELIX]

Persoa que está ao cargo dunha sancristía, das cousas necesarias para o culto e do coidado dunha igrexa. Nos antigos mosteiros, colexiados e cóengos constituía un oficio que dispuña dun lote de bens, cousa que o converteu a miúdo nun pequeno magnate nas grandes comunidades. Nas parroquias grandes era un clérigo ou beneficiado e nas rurais pequenas un cabeza de familia.