sancristía

sancristía

(< lat tardío sacristia)

s f [RELIX/ARQUIT]

Local anexo nas igrexas, xeralmente tocando ao presbiterio, onde son custodiados os ornamentos e os vasos sagrados e onde se visten os sacerdotes e ministros sagrados para as funcións litúrxicas. Deriva da prótese e do diacónicon das primitivas igrexas cristiás, e foi adquirindo maior importancia, sobre todo na época do Renacemento e do Barroco. Na maioría dos casos trátase dunha sala rectangular, rodeada de cómodas e armarios de grandes dimensións, decorada con cadros, frescos e mosaicos.

Sinónimos