Sande, San Salvador de
Sande, San Salvador de
Igrexa parroquial situada en Cartelle. Ten unha soa nave, dividida en catro tramos separados por arcos de medio punto, e capela á que se accede a través dun arco de medio punto. Consérvase parte do artesoado que cubría a nave. A portada principal atópase flanqueda por pilastras e remarcada por molduras. Nesta fachada atópase unha torre dun só corpo con balaustrada e cúpula.