Sandiás, Santo Estevo de

Sandiás, Santo Estevo de

Igrexa parroquial situada en Sandiás. Construída polo mestre Bertomeu de Nosendo no s XVI, en estilo gótico tardío, anuncia as formas renacentistas. Ten unha soa nave e capela maior de planta cadrada, cuberta cunha bóveda de cruzaría. Conserva un retablo manierista de Francisco de Moure. No exterior destaca a portada de estilo manuelino, formada por dúas arcadas, a interior de arco rebaixado e quebrado, e a exterior de arco rebaixado liso. A torre é de planta cadrada.