sandinismo
sandinismo
(< antropónimo A. C. Sandino)
s
m
[POLÍT]
Movemento político revolucionario nicaraguano iniciado por Augusto César Sandino. Á morte deste (1934), o movemento mantívose arraigado no pobo e cristalizou cara a 1960 no Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSNL), que tomou o poder en 1979, ao derrocar a ditadura de A. Somoza, e en 1986 introduciu a primeira constitución do período. Foi derrotado en 1990 pola Unión Nacional Opositora (UNO) encabezada por Violeta Chamorro.