sanedrín

sanedrín

(

s m [RELIX/HIST]

Corporación xudía que tiña a suprema autoridade relixiosa, con atribucións xudiciais, en Xudea, ou Palestina, baixo o dominio de Roma, ata que o Imperio Bizantino aboliu o patriarcado da antiga provincia romana. Antes da destrución de Xerusalén (70 d C) estaba formado por sacerdotes do templo baixo a presidencia dun gran sacerdote. Posteriormente foi constituído por mestres da lei baixo a presidencia dun patriarca.

Palabras veciñas

saneable | saneamento | sanear | sanedrín | Saneiras | Šanfarà, al- | Sanfiz Raposo, Henrique