saneamento

saneamento

(< sanear)

  1. s m

    Acción e efecto de sanear.

  2. s m [ALIM]

    Control das condicións ambientais durante a produción, transformación, envasado, acondicionamento e consumo dos alimentos, para evitar contaminacións biolóxicas ou impurezas químicas.

  3. s m [DER]

    Obrigación legal de carácter dispositivo que ten o vendedor de garantir ao comprador a posesión pacífica da cousa alienada (saneamento por evición) e a inexistencia de gravames ou defectos ocultos na cousa aínda que os ignore (saneamento por gravames ou vicios ocultos).

  4. saneamento empresarial [ECON]

    Conxunto de medidas técnicas, organizativas e financeiras para reconstruír as bases eficientes dunha empresa que se atopa nunha situación crítica, coa intención de mantela e salvar os postos de traballo.

Palabras veciñas

Sandwich, illas | saneábel | saneable | saneamento | sanear | sanedrín | Saneiras