Sangallo, Antonio da
Sangallo, Antonio da
Arquitecto, sobriño de Antonio e Giuiliano da Sangallo. De nome Antonio Cordiani, especializouse en fortificacións. Traballou en Roma desde 1503 con D. Bramante. Construíu Santa Maria di Loreto (1507) e, unha vez morto R. Sanzio, dirixiu as obras de San Pedro do Vaticano. Para a familia Farnese construíu a Rocca Oaolina en Perusa, a capela Paolina e sala rexia no Vaticano, parte de vila Farnese en Caprarola e o Palazzo Farnese en Roma.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Florencia -
Deceso
Lugar : Roma