Sangüesa
Sangüesa
Municipio de Nafarroa, situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago e bañado polo río Aragón (4.614 h [2001]). Fortaleza de Navarra na fronteira de Aragón, pasou a este reino en 1054 no reinado de Ramiro I de Aragón. O centro histórico foi declarado BIC en 2000. Destacan as igrexas de Santa María la Real (BIC, 1889), de orixe románica e que pertenceu á orde de San Xoán de Xerusalén, Santiago (BIC, 1972), románica, e San Salvador (BIC, 2001), gótica, e o palacio dos Reyes de Navarra.