Sanguinetti, Julio María

Sanguinetti, Julio María

Político. Membro e deputado do Partido Colorado, despois do golpe de estado de 1973 dedicouse ao xornalismo político e a actividades culturais e deportivas. En 1981 negociou cos militares unha transición pacífica á democracia. Foi o primeiro presidente elixido democraticamente despois da ditadura (1984-1989), cargo que desempeñou de novo entre 1994 e 2000. Escribiu Alcances y aplicaciones de la nueva Constitución uruguaya (1967), La nación, el nacionalismo y otros ismos (1978), El temor y la impaciencia (1991), El año 501 (1992), Un mundo sin Marx (1993) e Meditaciones del milenio (1994).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Montevideo