Sanmartín de la Serna, Xoán

Sanmartín de la Serna, Xoán

Escultor. Comezou a súa formación como carpinteiro e estudou debuxo ata que ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. En 1859 regresou a Santiago de Compostela onde foi profesor de debuxo na Real Sociedad Económica Amigos del País e en 1888 profesor de modelaxe e baleirado da Escola de Artes e Oficios. Foi escultor anatómico da facultade de Medicina e realizou dúas viaxes de formación a Roma (1864-1865; 1871-1872). A súa obra encádrase na ruptura co neoclasicismo e na busca do realismo. Destacan, entre outras, a estatua do padre Feijoo (1858); os medallóns de Maximino Teijeiro e a súa dona da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago; a Santa Cea do convento de San Francisco; os monumentos a Méndez Núñez da alameda compostelá, Filipe de Castro en Noia e os tres a Cristovo Colón para o ministerio de Ultramar, do que se conserva unha copia en Pontevedra; o Senado e o Arsenal de Cartagena; e as imaxes de San Francisco de Sales e San Vicente de Paúl da igrexa das Orfas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso