Santa Clara, convento de

Santa Clara, convento de

Convento situado en Allariz. A súa orixe atópase nunha fundación do s XIII e foi ampliado en estilo barroco no s XVIII seguindo as trazas de Simón Rodríguez. Realizado en cantaría, ten unha decoración sobria e funcional. A igrexa ten planta de cruz latina, cunha soa nave de dous tramos e cruceiro. A capela maior é de planta rectangular. A portada ten decoración xeométrica. A porta está rodeada por un marco refundido e sobre ela atópase unha fornela coa imaxe de santa Clara e despois unha ventá coa imaxe do Pai Eterno, coroado co triángulo da Trindade. Da parte conventual destaca o claustro.