Santa Cruz de Tenerife

Santa Cruz de Tenerife

Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife e capital da illa de Tenerife, Canarias (188.477 h [2001]). É un importante centro turístico. Ten refinaría de petróleo e industria alimentaria, química, de materiais para a construción e tabaco. Fundouse no s XV como porto de La Laguna. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas da Concepción, San Francisco e El Pilar e o palacio de Cartas (s XVIII).