Santa Fe

Santa Fe

Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao O da capital provincial e regado polo Genil (12.824 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. Fundárono os Reis Católicos en 1491, en recordo do sitio de Granada levado a cabo polo exército de Castela e Aragón. Tamén foi escenario das capitulacións da primeira viaxe de Cristovo Colón.