Santa María de Melide, igrexa de
Santa María de Melide, igrexa de
Igrexa parroquial situada en Melide. Construída no s XII en estilo románico, ten planta cadrada cunha nave cuberta de bóveda de canón e ábsida semicircular. O arco triunfal é de medio punto dobrado e apóiase en columnas con capiteis historiados. Consérvase o altar orixinal, co frontal decorado con seis arcos cegos erixidos sobre pilastras decoradas con incisións. A ábsida cóbrese con pinturas murais do s XV que representan a Trindade co Pai sentado sobre o trono sostendo ao fillo crucificado e rodeado do tetramorfos. A fachada principal ten tres pares de columnas decoradas nos capiteis, que sosteñen un tímpano liso. A porta sur ábrese entre contrafortes e nela destacan os canzorros historiados do beiril.