Santarém

Santarém

Capital do distrito homónimo, en Ribatejo, Portugal, situada á esquerda do Tejo (27.683 h [2001]). É un centro comercial e predomina a industria téxtil. Cambiou a miúdo de dominadores ata que Afonso I lla conquistou aos árabes en 1147. Destacan as igrexas góticas de São João de Alporão, convertida en museo arqueolóxico, e de Graça.