Santiago, Cortes de
Santiago, Cortes de
Reunión convocada polo monarca Carlos I en Santiago de Compostela o 31 de marzo de 1520, antes de marchar a Alemaña para ser coroado emperador. Nesta reunión o rei reclamou unha contribución de 800.000 ducados para presentarse fronte aos electores alemáns. As máximas autoridades galegas, o arcebispo de Santiago de Compostela e os condes de Benavente e Andrade, aproveitaron a situación para reclamar a recuperación do voto en Cortes para Galicia, que exercía o procurador de Zamora. A reunión concluíu na Coruña coa aprobación das esixencias do monarca, malia que Galicia non recuperou o seu voto.