Santiago, fonte e capela de

Santiago, fonte e capela de

Fonte situada na rúa do Franco, fronte ao colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela, construída no manancial onde, segundo a tradición, se detiveron a beber os bois que carrexaban o corpo do Apóstolo Santiago. Co tempo foille engadida unha capela cun pequeno retablo neoclásico coa imaxe de Santiago Peregrino. A tradición tamén conta que nesta fonte san Francisco de Siena recuperou a vista despois de probar as súas augas. Reconstruíuse en 1830 e atópase tras uns arcos de acceso ao edifico que a acubilla.