Santiago de Cuba

Santiago de Cuba

Capital da provincia homónima, Cuba, situada na costa sur da illa, esténdese polos contrafortes orientais de Sierra Maestra (441.524 h [1999]). Posúe industrias alimentarias, químicas, téxtiles, de tabacos e fundicións. Fundada en 1514 por Diego de Velázquez, foi a capital da illa ata 1538. Foi o escenario da batalla naval entre España e EE UU o 3 de xullo de 1898, e a cidade foi ocupada polos estadounidenses e os insurrectos. En 1953, o asalto ao cuartel Moncada por Fidel Castro iniciou a guerra civil. Destaca o castelo de San Pedro de la Roca, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1997).