Santillana ou Santillana del Mar

Santillana ou Santillana del Mar

Municipio de Cantabria situado na costa cantábrica (3.957 h [2001]). Posúe agricultura e gandaría. Ademais do conxunto histórico da vila (BIC, 1943), destacan a colexiata románica e o claustro de Santa Juliana (BIC, 1889), o palacio de Mijares (BIC, 1995) e a cova de Altamira (BIC, 1924), declarada Patrimonio da Humanidade en 1985.