Santillana, Editorial

Santillana, Editorial

Grupo editorial fundado en 1960 por Jesús de Polanco -integrado no Grupo PRISA- e creado coa intención de innovar e mellorar a calidade dos manuais escolares. Co tempo estendeuse a outros países, especialmente de Hispanoamérica, e ampliouse coa incorporación doutras editoriais, como Taurus (1974), Alfaguara (1980) e Aguilar (1986). Tamén desenvolveu proxectos propios, como Santillana, de textos escolares; Ediciones Altea (1973), de material infantil; e Richmond Publishing (1992), de inglés. Tamén creou empresas editoras filiais nas comunidades autónomas con lingua propia, como Edicións Obradoiro, en Galicia.