Santiso Miramontes, José Antonio

Santiso Miramontes, José Antonio

Político e mestre. Militante do PP desde 1995, foi coordinador provincial de deportes da Consellería de Cultura (1988-1989), membro da executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) desde 1999, alcalde de Abegondo e presidente da asociación de acción local Terra das Mariñas. En substitución de Juan Miguel Diz Guedes, foi nomeado conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2004).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mabegondo, Abegondo