Santos, José Eduardo dos
Santos, José Eduardo dos
Político angolano. Vinculado desde 1961 ao Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA), coa proclamación de independencia da República Popular de Angola (1975) converteuse en presidente do MPLA e en ministro de Asuntos Exteriores. Tras a morte de A. Neto (1979) chegou a presidente do país e conduciu o establecemento dunha democracia pluripartidista. Foi reelixido en 2003.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Luanda