Sanxurxo
Sanxurxo
[HERÁLD]
Apelido de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, un león de ouro; bordo de prata, cargado de sete flores de lis de azul, tres en xefe, unha en cada flanco e dúas en punta. Outro trae, en campo de prata, unha banda de sable engolada en dragantes de sinople con lingua de goles. Presenta a variante castelanizada Sanjurjo.