Sanxurxo, Antonio

Sanxurxo, Antonio

Escultor. Discípulo de Xoán Adán, traballou fundamentalmente o mármore, destacando a forma de tratar os panos que tentaban amosar o volume dos corpos das súas figuras. Destacan o Rompemento da gloria con anxos e serafíns para o retablo maior da catedral de Lugo, o Santiago Apóstolo para Santa María do Camiño (Santiago de Compostela), a decoración dun dos altares da capela do Hospital Real de Santiago, o crucifixo e a Dolorosa para a capela de San Clemente.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Rábade