Sanz Soto, Xosé Policarpo
Industrial. Emigrou a La Habana onde comezou a súa actividade empresarial que continuou en Nova York, onde casou con Irene Ceballos Sánchez (1877). Xunto con X. García Barbón, fundou a Sociedad de Beneficencia de Naturais de Galiza (1871), que se constituíu como a primeira sociedade de emigrantes galegos do mundo. Defensor da promoción da cultura e da arte, achegouse aos círculos liberais. Deixou toda a súa fortuna á cidade de Vigo, establecendo no seu testamento a doazón dun terreo para a construción do que foi o primeiro instituto de ensino gratuíto, -o Santa Irene-, en honor á súa muller, así como un hospital de caridade nas aforas da cidade. Tamén cedeu unha importante colección de arte dos ss XVII e XVIII, que se preserva no Museo Quiñones de León de Vigo. Aínda que faleceu en París, os seus restos foron trasladados a Vigo en 1891.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Marín -
Deceso
Lugar : París