Sara, santa
Sara, santa
Anacoreta. Retirouse ao deserto de Libia e foi mestra doutras mulleres eremitas. Na iconografía represéntase con hábitos monacais e báculo, e con crucifixo, rosario, libro e cranio, como anacoreta. A súa festividade celébrase o 9 de outubro.