Sarabela Teatro
Compañía de teatro profesional ourensá fundada e dirixida desde 1980 por Ánxeles Cuña. Das súas representacións destacan Cama para dous (1995), A esmorga (1996; Premio María Casares 1997 ao mellor actor secundario), Afección (1997), Tics (Premio Mejor Dirección FETEN, 1998; Premio M. Casares 1999 ao mellor actor, escenografía, vestiario e maquillaxe), Os soños de Caín (1999), O lapis do carpinteiro (2000; Premio Mª Casares 2001 ao mellor actor principal, dirección, adaptación, escenografía, iluminación, vestiario, maquillaxe e espectáculo), A illa amarela (2001), Sexismunda (2001; Premio M. Casares 2002 á mellor actriz protagonista, actor secundario, adaptación, iluminación e maquillaxe), A conxura dos necios (2002; Premio M. Casares ao mellor actor secundario e maquillaxe), Así que pasen cinco anos (Premio M. Casares 2004 á mellor dirección, actor secundario, escenografía, vestiario, adaptación e espectáculo) e Rolda de caricias (2004). Co Centro Dramático Galego representaron Leoncio e Helena (1994).