Sarasquete Otero, Luis
Perito industrial, enxeñeiro industrial superior e arquitecto superior. En Barcelona creou a empresa EDING dedicada ao cálculo de estruturas e instalacións e exerceu como profesor no Instituto Técnico Fernando Casablanca de Sabadell. Trasladouse a Vigo e creou o estudo de arquitectura e enxeñaría ESTINGAR, S.L. Realizou os edificios comerciales C&A e Puerta Príncipe en Vigo, os Xulgados de Redondela e os Novos Xulgados de Vigo, a dirección de obra do Recinto Feiral de Silleda, a rehabilitación do antigo goberno militar para sede do Reitorado da Universidade de Vigo, a Área Panorámica de Tui con auditorio e sala de exposicións, o proxecto básico da clínica Nuestra Señora de Fátima en Vigo, a remodelación do Mercado Municipal de Ribeira para sala de exposicións e auditorio, a ampliación da sede do Concello do Porriño e residencias xeriátricas en Valdemoro, Leganés e Alcalá de Henares.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ribeira