Sargazos, mar dos ou mar dos Argazos
Sargazos, mar dos ou mar dos Argazos
Mar situado no Atlántico norte, entre o Mar Caribe e as Ilhas dos Açores. Está considerado como unha rexión única dentro do Océano Atlántico, delimitada polas principais correntes mariñas do Atlántico norte. Recibe o seu nome por ser moi abundantes os bosques de algas pardas do xénero Sargassum.