Sartre, Jean-Paul

Sartre, Jean-Paul

Filósofo e escritor. As súas teorías partiron do existencialismo ateo, que se manifestou plenamente na súa obra L’être et le néant. Essai d’ontologie phénoménologique (1943) e centrou os seus estudos na comprensión fenomenolóxica da consciencia, que entendeu como unha dimensión do real caracterizada ou dotada dunha esencial liberdade. Desta primeira época foron os ensaios filosóficos L’imagination (1936), L’imaginaire. Psychologie phénoménologique de l’imagination (1940), Les mouches (1943) ou L’existencialisme est un humanisme (1946), a novela La nauseé (1938) e a narración Le mur (1939). Compartiu vida e pensamento con Simon de Beauvoir e participou na Resistencia, espírito que mantivo vivo como unha continua revolución social e, expresión desta dobre vertente filosófico-política foron Situation (1947-1965), as novelas Les chemins de la liberté (1943, 1945 e 1949), e as obras teatrais Nékrassov (1955), Les séquestrés d’Altona (1960) e Les mains sales (1969). Posteriormente, combinou o existencialismo (ideoloxía) e o marxismo (filosofía) que tratou en Critique de la raison dialectique (1961) e en Marxisme et existencialisme (1962). Tamén prestou atención ao tema da creación poético-literaria en Baudelaire (1947), Saint-Genèt, comédien et martyr (1952) e L’idiot de la famille (1971-1972). Destacou especialmente a súa autobiografía Les mots (1964). ; Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1964), que rexeitou.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso