Sassari
Sassari
Nome científico: [sardo: Tattari]
Capital da provincia homónima, na illa de Sardeña, Italia (112.959 h [2001]). Está situada ao NO a 10 km da costa, nunha zona de outeiros que limitan a chaira de Nurra desde Alghero ata o golfo de Asinara. Enriquecida polo comercio pisano, e ocupada por Mariano II de Arborea (1272), despois da derrota dos pisanos na Meloria (1284) quedou definitivamente dentro da influencia xenovesa.