saudación
saudación
(< lat salutatĭōne)
-
s
f
saúdo.
-
s
f
[PALEOG]
Fórmula protocolaria na retórica das chancelarías medievais coa que se pechaba normalmente a intitulación. Por influencia bíblico-litúrxica, utilizábase a miúdo pacem (paz) en troques da fórmula tradicional latina salutem (saúde). Empregábanse outras fórmulas que foron fixadas nos ars ditandi.
-
saudación anxélica
[RELIX]
Palabras de saudación que o Evanxeo pon en boca do arcanxo Gabriel no momento da anunciación a María e que constitúen a primeira parte da avemaría.