saudación

saudación

(< lat salutatĭōne)

  1. s f

    saúdo.

  2. s f [PALEOG]

    Fórmula protocolaria na retórica das chancelarías medievais coa que se pechaba normalmente a intitulación. Por influencia bíblico-litúrxica, utilizábase a miúdo pacem (paz) en troques da fórmula tradicional latina salutem (saúde). Empregábanse outras fórmulas que foron fixadas nos ars ditandi.

  3. saudación anxélica [RELIX]

    Palabras de saudación que o Evanxeo pon en boca do arcanxo Gabriel no momento da anunciación a María e que constitúen a primeira parte da avemaría.

Palabras veciñas

Saucejo | saudábel | saudable | saudación | saudade | Saudade | Saudades Gallegas