Saudades Gallegas
Saudades Gallegas
[LIT]
Libro publicado por Valentín Lamas Carvajal en 1880 nos obradoiros tipográficos de La Propaganda Gallega en Ourense, con 19 poemas. A segunda edición (1893) incluíu 21 composicións. Como autor contemporáneo de Rosalía, con esta obra consolidouse como continuador dos temas que a poetisa utilizaba nos seus versos, especialmente o costumismo. Os seus versos, marcados polo seu carácter civil, denuncia a miseria das xentes do campo e exalta a lingua galega. A eles súmanse outros máis descritivos, cheos de elementos humorísticos, e composicións en que defende os costumes e tradicións de Galicia. A proximidade ao mundo rural galego faise tamén evidente no emprego da lingua, chea de elementos dialectais e léxico popular.