saxitárido -da
saxitárido -da
(< lat científicoSagittarius, xénero de aves)
-
adx
Relativo ou pertencente aos saxitáridos.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da familia dos saxitáridos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Familia de aves, da orde dos ciconiformes, que teñen os dedos anteriores unidos á base por unha pequena membrana. Son de costumes terrestres e aniñan en arbustos altos ou en árbores. Comprenden unha soa especie, o secretario (Sagittarius serpentarius).