Saxitario

Saxitario
  1. [ASTRON]

    Constelación zodiacal situada entre as de Aguia, Capricornio, Microscopio, Telescopio, Coroa Austral, Escorpión, Serpentario, Serpe e Escudo. Contén 204 estrelas visibles sen a axuda do telescopio entre as que hai dúas de segunda magnitude e oito de terceira. A estrela á-Sagittarii, de magnitude 4,11, está situada a unha distancia de 250 anos luz. Contén estrelas máis brillantes que á-Sagittarii, e a nebulosa de emisión Trifida, situada ao NL da estrela ë-Sagittarii.

  2. Noveno signo do zodíaco, que en tempos de Hiparco coincidía coa constelación do mesmo nome, pero o seu lugar pasouno a ocupar a constelación de Escorpión como consecuencia da precesión dos equinocios. A este signo pertencen os nacidos entre o 22 de novembro e o 22 de decembro.

Palabras veciñas

saxitaria | saxitárido -da | saxitario | Saxitario | Saxl, Fritz | saxo | Saxo Grammaticus