Schacht, Horace Greely Hjalmar

Schacht, Horace Greely Hjalmar

Financeiro e político alemán. Presidiu o Reichsbank (1924-1930), tivo un papel importante na estabilización da moeda alemá e opúxose ao pagamento das reparacións da guerra. Colaborou co movemento nacionalsocialista, foi ministro de Economía Nacional (1934-1937) e ministro sen carteira (1937-1944). Foi arrestado en xuño de 1944 porque participou nun complot contra Hitler. Xulgado en Nuremberg, foi absolto e posteriormente condenado a oito anos no campo de concentración de Mai, de onde saíu en 1949. Presidiu a Banca Schacht (1953-1963).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tingleff, Slesvig

  • Deceso

    Lugar : Múnic