Schiller, Ferdinand Canning Scott

Schiller, Ferdinand Canning Scott

Filósofo. Foi o principal representante do pragmatismo en Inglaterra, que denominou humanismo para recalcar a dimensión de satisfacción de necesidades ou utilidades humanas que caracteriza e dá valor a toda manifestación cultural. Corrixiu o relativismo do criterio pragmatista de verdade mediante o principio selectivo de eficacia social. Escribiu Studies in Humanism (1907 e Logic for Use. An introdution to The Voluntarist Theory of Knowledge (1929).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Altona, Hamburgo

  • Deceso

    Lugar : Los Angeles, California