Schlüter, Andreas
Schlüter, Andreas
Escultor, arquitecto e decorador. Establecido en Berlín, a súa arte foi influída polo estilo neerlandés de Arturo Quellinus (Estatua do elector Federico III, 1697) e polo estilo francés (Monumento ecuestre do Gran Elector, 1698-1703). Como arquitecto interveu na dirección do palacio do Arsenal, pero a inhabilidade na construción das torres da Moeda puxo fin á súa carreira.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Hamburgo -
Deceso
Lugar : Peterburgo