Schwerin
Schwerin
Capital do land de Mecklenburg-Pomerania Occidental, Alemaña (102.878 h [2000]). Está situada na ribeira do lago homónimo, nunha rexión de bosques e lagos, ao N do país. Ten construcións navais e industria química. Destaca a catedral gótica (ss XIII-XV) e o castelo (reconstruído no s XIX) que se alza nunha illa.